RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os fabrilistas Monsalve e Edu entran na lista do Dépor para medirse ao Espanyol

Ao finalizar o último adestramento da semana en Abegondo, Pepe Mel citou a 20 futbolistas (incluídos o tres porteiros) cara ao encontro do domingo 7 de maio ante o Espanyol en Riazor (18:30, Bein Sports), pertencente á xornada 36 (antepenúltima) de LaLiga Santander.

A novidade da convocatoria é a presenza dos fabrilistas Nacho Monsalve e Edu. Entre os citados está Luisinho, que hoxe se retirou antes de acabar o adestramento, cunha escordadura no seu xeonllo dereito, pendente de evolución nas próximas horas. Caen da lista os lesionados Mosquera, Sidnei e Joselu, ademais de Albentosa, sancionado.

Esta mañá, cos fabrilistas Monsalve, Edu e Lucas, un partido once para once no campo 2 foi a tarefa principal. Pepe Mel incidiu no transcurso do mesmo en accións a balón parado.

Os futbolistas convocados concéntranse mañá domingo para comer no Hotel Meliá María Pita.

Despois do encontro ante o Espanyol, todo o equipo está citada de novo para adestrar o luns 8 de maio ás 10:30 en Abegondo.