RCD / NOVAS

Os futbolistas, agradecidos ao comportamento da afección, céntranse xa no Eibar

  Os futbolistas branquiazuis, en zona mixta, desfixéronse en eloxios cara á afición de Riazor, que apoyó sen desmaio durante o noventa minutos.

20/04/2016 23:28

Así, Sidnei subliñou que "os afeccionados estiveron todo o tempo connosco, e iso témolo que agradecer".
 
O central deportivista indica que "é complicado" explicar o encontro e o resultado ante o FC Barcelona e prefire centrarse xa no partido deste sábado 23 de abril en Eibar (22.05, TVE).
 
Alex Bergantiños, que hoxe arrincou no centro do campo e acabou o choque como central, manifestou que, a pesar do avultado resultado, "o público estivo igualmente apoiándonos, animándonos, entendeu a situación. Agradecerlles como se portaron connosco".
 
O mediocentro coruñés pide "levantarse rápido porque o sábado temos un partido importantísimo en Eibar  ".
 
Finalmente, Laure opina que a pesar do marcador, "son tres puntos. Estamos a pensar xa en Eibar. Temos a sorte de que de aquí a un pouco temos xa un partido".
 
O capitán branquiazul recalca que a afección "estivo de dez, por encima nosa, dando a cara por nós. Agradecerllo e esperemos traernos o tres puntos o"sábado .

Máis novas de: ÁLEX, LAURE, SIDNEI