RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Os futbolistas branquiazuis apuntan en zona mixta que o gol mal anulado foi decisivo

Os futbolistas que atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Estadio dos Cármenes coinciden en subliñar a legalidade do gol anulado a Ryan Babel, que supuxese o 0-2. Todos entenden esa acción como clave no resultado final

Así, Celso Borges apunta que "se lle acaban a un os argumentos para entender que é o que está a pasar. Entendo que é de humanos equivocarse e cométense erros. Pero o árbitro está ben situado, o xuíz de liña ben situado, non se que viu".

O internacional costarriqueño explica que co 0-1 o Dépor deu un paso atrás porque "non podemos estar tan abertos como cando queriamos resolver o partido. Unha vez que consegues o gol che repliegas un pouco e esperas unha acción rápida".

Pola súa banda Florin Andone, goleador este mediodía en Granada, recalca que "nos merecemos o tres puntos. Pómonos por diante no marcador 0-1. Metemos o 0-2 que é totalmente legal, que fose a sentenza do partido".

Recoñece o internacional romanés que "os últimos minutos pasámolo un pouco mal pero todo cambiase se valese o noso segundo gol que é totalmente legal. Merecémonolo/Merecémosnolo, buscámolo e foi a sentenza do partido. Os árbitros equivocáronse, anularon o gol e ao final caeu pola outra parte o gol".

Finalmente, Juanfran advirte que "nós no partido non estivemos do todo ben. Cústanos moito máis fóra de casa que en casa. Pero hoxe non gañamos porque outra vez máis un erro arbitral, e xa son moitos, quitounos. Quitounos un gol que era o dous a cero que mataba o partido".