RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Os futbolistas branquiazuis, centrados xa en gañar o sábado ao Real Xaén

Na zona mixta do Estadio Os Pajaritos de Soria, tras o partido ante o Numancia, todos os xogadores branquiazuis mostráronse xa coa mente posta en amarrar o tres puntos o próximo sábado 31 de maio (19.00 horas) ante o Real Jaén. Aínda

Así, Borja cre que "hai que pensar no partido do sábado ante o Real Xaén e gañar xa". O dianteiro madrileño non lle atopa "moita explicación" a esta fochanca de resultados do equipo.
 


Pola súa banda, Pablo Insua é consciente que "se gañamos o sábado está feito". Do partido de onte, opina que "media hora con dez xogadores (pola expulsión de Núñez) é demasiado tempo".
 


Álex Bergantiños, un dos futbolistas con máis experiencia en Segunda División, di que "a categoría é longa. Ten series positivas e negativas e estamos na serie negativa agora".
 


O lateral deportivista Laure advirte que "é clave en centrarnos no noso xogo". "Estamos doídos, confiamos en nós, e témonos que levantar de ésto", asegura ante os medios de comunicación.
 


Luisinho, autor do único tanto deportivista en Soria que supuña o provisional empate no marcador, indicou en zona mixta que "faltan agora dous partidos, un deles en casa, e temos que gañar".