RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Os futbolistas branquiazuis falan de paso importante de face a lograr o obxectivo

  Os futbolistas branquiazuis que se pasaron pola zona mixta do Estadio de Riazor, Lucas, Luís Alberto e Celso Borges, aseguraron que o triunfo é un paso importante pero non definitivo para alcanzar o obxectivo.

Así, Lucas, autor do tanto do triunfo esta noite, subliñou que "a vitoria a necesitabamos porque viñamos facendo bos partidos en casa. Hoxe non foi o mellor de todos eses e conseguimos a vitoria. Agora, estamos moi contentos e outro pasito máis para a salvación".

O pichichi deportivista cre que "cando ganas, aínda que non sexa xogando como un quere, vese a vida doutra maneira. Cando un consegue o tres puntos, un vaise para casa coa súa familia e os seus amigos a gozar. E aproveitar a Semana Santa". 
 
O outro goleador da noite en Riazor, Luís Alberto, recoñece que "todos, o equipo e a afección, quitáronse unha laxa de encima con este triunfo. Vainos a vir ben para o oito partidos que quedan. Imos xogar con máis tranquilidade".
 
Insiste que "xa o dixemos semanas atrás que isto o iamos a sacar si ou si. E creo que tanto vostedes (en alusión aos xornalistas) como nós ímonos a quedar máis tranquilos, e por suposto os afeccionados".
 
A xuízo do atacante andaluz, "imos chegar ao derbi (do sábado 2 de abril ás 22.05 en Balaídos) coa cabeza un pouco máis despexada. Agora a gozar da familia, que tamén nos vai a vir ben".
 
Finalmente, Celso Borges, que mañá domingo viaxa á concentración da selección de Costa Rica, opinou que este triunfo ante o Levante "mentalmente axúdanos cheas. Quítanos un peso de encima como vostede (o xornalista) di e agora imos ver como afrontamos os partidos que seguen despois deste descanso, que nos vén ben tamén".
 
O mediocentro deportivista fala dun "bo paso" para a salvación. "Pero as matemáticas aínda non nos din que estamos salvados. Ao equipo veulle isto bastante ben, é un bo respiro que tomamos. Estamos contentos".