RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Os futbolistas branquiazuis, satisfeitos por un punto que nos achega un pouco máis á salvación

Oriol Rise, autor do tanto do empate na segunda metade do choque ante o Sevilla, aseguró na zona mixta que o punto "facémolo moi bo. Sérvenos para dar un paso más para a salvación, que non está conseguida matemática

O lateral deportivista Juanfran cre que os 38 puntos danlle ao equipo "moito aire, moita forza de face a estes últimos partidos, para poder seguir sumando puntos".

Recoñece que "na primeira metade custounos un pouco adaptarnos ao partido" e, na segunda metade, "o míster buscou cambiar, volver ser un pouco máis nós. Habemos ido a máis pero aínda así o Sevilla estivo a un gran nivel".

Celso Borges, pola súa banda, opina que estes 38 puntos alcanzados hoxe no Estadio Sánchez Pizjuán "déixannos nunha boa situación para afrontar os partidos que quedan".

Nesta liña, o internacional costarriqueño ve o partido contra o FC Barcelona deste mércores 20 de abril ás 20.00 horas (Canle + Liga / Abono Fútbol) "con outra connotación", aínda que promete que o Dépor "vai saír a gañar, a competir" ante os azulgrana.

Finalmente, Fernando Navarro, despedido do céspede cunha gran ovación por parte da afección sevillista, mostrouse "moi contento e agradecido á xente".

Di que este punto cultivado polo Deportivo en Sevilla "achéganos un pouquiño máis á salvación".