RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Os futbolistas dan por bo o resultado e pensan no Vilarreal

Os futbolistas branquiazuis que pasaron pola zona mixta do Coliseum Alfonso Pérez deron por bo o empate sen goles entre Xetafe e Deportivo e xa centran o seu atención no partido deste domingo 3 de xaneiro en Riazor ante o Vilarreal (18.15, C

Poroto Lux, un dos destacados do encontro coas súas boas intervencións sobre todo na primeira metade, subliñou que "o partido en liñas xerais foi bastante feo, ante un rival complicado, un campo moi difícil".

Lembra o internacional arxentino que o Xetafe "sacou moitos puntos do seu campo. Creo que o merecido é o empate, o equipo fixo un esforzo moi grande".

Destaca Lux que o Dépor ten "27 puntos. Estamos a facer un gran inicio de tempada. Está a acabar a primeira volta que creo que é moi boa. Temos que seguir así, seguir traballando, que é a nosa filosofía. A nosa mensaxe é claro, o obxectivo é a salvación canto antes".

Pola súa banda, Juanfran opina que o partido foi "duro, contra un gran equipo, que ten menos puntos dos que se merece".

Subliña o lateral deportivista que "nós estamos moi contentos. Seguimos sen perder, puntuando fóra de casa. Agora, a celebrar o final de ano nunha posición moi boa, moi meritoria para nós".

Os 27 puntos son para Juanfran "moito traballo realizado para a permanencia. Iso é moi meritorio e é para estar orgullosos do traballo que realizamos día a día".

Finalmente, Pedro Mosquera viu o partido do Coliseum Alfonso Pérez "moi complicado. O Xetafe fixo o partido que esperabamos, botar balóns arriba, ás costas. Nós tentamos ter un pouco máis o balón. O primeiros quince minutos fixémolos ben pero si é verdade que logo terminaron eles mellor. Cada un tivemos as nosas oportunidades e o resultado ao final creo que é xusto".

O centrocampista coruñés valora positivamente os 27 puntos conseguidos  a estas alturas da tempada, pero pide "seguir nesta liña. A tempada é moi longa e aínda queda toda a segunda volta e parte da primeira".

Mosquera cre neste final de 2015 "todos estamos contentos. A cidade está contenta, a afección está contenta e nós tamén".