RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os futbolistas do Dépor clausuran e á vez empápanse de deportivismo cos nenos e nenas do DéporCampus Cabreiroá de Abegondo

Nun sinxelo acto no campo de herba artificial, e baixo un estrito protocolo sanitario polo COVID-19, Gandoy, William de Camargo, Rafa de Vicente e Pablo Trigueros clausuraron hoxe venres 16 de xullo a terceira quenda do DéporCampus Cabreiroá 2021 de Abegondo.

Ás 12:00 do mediodía, xusto ao finalizar a sesión matinal de adestramento do primeiro equipo, os futbolistas branquiazuis pasaron polo campus para asinar autógrafos, fotografarse e entregar os diplomas ao centenar de nenos e nenas participantes esta semana nesta sede, que comparte a instalación na que o Deportivo realiza a súa actividade diaria de pretemporada.

Os futbolistas puideron escoitar, de boca dos novos alumnos, algúns dos cánticos que durante a temporada, nos partidos, percibirán no campo desde a bancada de ABANCA-RIAZOR: "El día que me muera, yo quiero mi cajón..."

O coruñés Yago Gandoy está afeito á paixón blanquaizul; pero sen dúbida Pablo Trigueros, William de Camargo e Rafa de Vicente puideron xa empaparse do que significa o RC Deportivo e #ANOSAFORZA.

Hoxe clausuráronse ademais os DéporCampus Cabreiroá 2021 de Silleda, Monforte e Bertamiráns. En total, nas catro sedes, participaron máis de 200 nenos e nenas.

Aquí podes ver as fotos da sede de Abegondo e nesta ligazón as imaxes doutras sedes.

A próxima semana, o DéporCampus Cabreiroá 2021 desenvolverase en Cuntis, Zas e Abegondo (cuarta quenda), ademais do Dépor Soccer Camp en Virginia (Estados Unidos). Así mesmo, está aberta até o vindeiro xoves 22 ás 12:00 a inscrición para a quinta e a sexta quenda en Abegondo.

Até a data, esta actividade xa tradicional no verán deportivo galego superou os 1.100 alumnos; todo un éxito organizativo do Club e da Fundación RC Deportivo.

Os interesados poden consultar toda a información nesta ligazón. Para calquera consulta acerca da súa inscrición ou aclaración poden contactar coa organización en deporcampus@rcdeportivo.es.