RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Os futbolistas en branquiazuis xa pensan na ''final'' do Camp Nou

  Alberto Lopo calificó na zona mixta do estadio de Riazor a vitoria ante o Levante de "agridoce". Di o central deportivista que algúns resultados "foron mellor e outros peor. Agora temos que ir ao Camp Nou a puntuar".

O capitán Manuel Pablo advirte que o Dépor irá a Barcelona "a dar todo, a ir ao límite, e a tentar puntuar. Está claro". Insiste o lateral deportivista que ante o xa campión de Liga "hai que ir a por todas, a facer un partido forte, que estean incómodos".
 
Finalmente, Luisinho manifestou que "está complicado porque os outros equipos tamén gañaron. Non contabamos con iso. Agora hai que pensar que temos unha final ante o Barcelona. Sabemos que é un partido difícil pero hai que ir a por o tres puntos". Apunta nesta liña o exterior zurdo que "hoxe tiñamos unha final e agora quédanos outra".