RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Os goles de Alba Suárez e Vero dan o triunfo ao Dépor ABANCA B ante o Orzán

O Deportivo ABANCA B arrancou a Primeira División Autonómica cun triunfo no derbi coruñés ante o Orzán (2-0), grazas aos goles de Alba Suárez e Vero.

O encontro foi moi disputado e decidiuse pola maior puntaría das futbolistas deportivistas.

Deportivo ABANCA B: Miralles, Mar, Alba Pérez, Lara, Ainhoa, Sara Piñeiro, Sofía, Alba Suárez, Antía, Michelle e Vero. Tamén xogaron: Lidia, Noemí, Jessica, Ariana e Sara Iglesias.

O vindeiro domingo, o conxunto branquiazul visita ao CCAR Valladares, na segunda xornada ligueira.