RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Os infantís branquiazuis súmanse á pretemporada hoxe luns

Os dous equipos infantís do Dépor (o A da Liga Galega e o B da Primeira Autonómica) súmanse hoxe luns 12 de agosto á pretemporada de #ANOSACANTEIRA.

O Infantil A está dirixido por Darío Cotelo; con Dani Gesto como segundo adestrador; Dani Mallo e David Vidal, adestradores de porteiros; e José Antonio Bergondo como delegado.

Os futbolistas citados son os seguintes:

-Porteiros: Mateo Suárez e Román Noya

-Defensas: Hugo Torres, Jorge Rodríguez, Lucas Taibo, Zoe Ceias e Adrián González (procedente do SD Villestro)

-Centrocampistas: Pablo Parada, David Carballo, Diego Miranda, Iván Ubeda, Jorge Oreiro, Juan Barros, Noé Carrillo (procedente do CD Conxo Santiago), Samuel Vázquez, Dani Estévez, Ayana Bello e Adrián Guerrero

-Dianteiros: Óscar Fernández, Héctor Beade, Jorge Palomares (procedente do Ourense), Javi Pita (procedente do Galicia Caranza) e Pablo Memet.

Pola súa banda, o Infantil B estará dirixido por Fernando Macedo 'Nano' e Alberto Suárez, con Jacobo Saco como segundo; David Vidal e Dani Mallo como técnicos de porteiros; e Luis Vázquez como delegado.

Os futbolistas son os seguintes:

-Porteiros: Hugo Sánchez, Anxo Regueiro e Martín Lagoa

-Defensas: Erick Orozco, Raúl Millán, Carlos Santana, Samuel Fernández, Marcos Díaz e David Vergara

-Centrocampistas: Jairo Riveiro, Álvaro Vicos (procedente do CD Calasanz), Íker Gil (procedente do Dubra SD), Álex Villagarcía, Jorge Santiago, David Sánchez, Dani Fernández e Xenxo Suárez

-Dianteiros: Hugo Pereira (procedente do Atlético Coruña Montañeros CF), Murilo Jul, Rubén Fernández e Christian Vallejo (procedente do CD Calasanz)

As demais datas de regreso a Abegondo dos equipos de #ANOSACANTEIRA son as seguintes:

- Fabril: Luns 15 de xullo ás 10:30
- Deportivo ABANCA B (Segunda División Nacional feminina): 1 de agosto ás 19:00
- Xuvenil A (División de Honra): Martes 23 de xullo ás 10:30
- Xuvenil B (Liga Nacional): Martes 30 de xullo ás 10:30
- Cadete A (División de Honra): Martes 30 de xullo ás 10:30
- Cadete B (Liga Galega): Luns 5 de agosto ás 10:30
- Infantil A (Liga Galega): Luns 12 de agosto ás 10:30
- Infantil B (Primeira Autonómica): Luns 12 de agosto ás 10:30
- Alevín A (Primeira Comarcal): Luns 2 de setembro ás 18:30
- Alevín B (Segunda Comarcal): Martes 3 de setembro ás 18:30
- Benxamín A (Primeira Comarcal): Martes 3 de setembro ás 18:30
- Benxamín B (Segunda Comarcal): Martes 3 de setembro ás 18:30