RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Os internautas nomean a dúas fichaxes recentes como os mellores xogadores da tempada 2006-07

Os internautas nomearon a dous futbolistas que a campaña pasada chegaron coa carta de liberdade, Aouate, nunha operación co Real Racing Club que trouxo tamén á Coruña a Antonio Tomás e levou a Munitis a Santander, e Lopo, como os dous mellores futbolistas

Así, entre 4.026 votos contabilizados, o internacional israelí levou 860, mentres que o central catalán, que no seu primeiro ano no Deportivo foi tamén convocado por primeira vez para a Selección Española absoluta, obtivo 543 votos. En terceira posición está o gran ídolo do deportivismo, Juan Carlos Valerón, con 241 votos, a pesar de que o centrocampista grancanario apenas xogou uns minutos en Copa do Rei.