RCD / NOVAS

Os irmáns Scaloni renovados ata o 2007

Lionel e Mauro Scaloni e Augusto César Lendoiro asinaron esta noite na Praia Club o contrato mediante o cal ambos os xogadores permanecerán vinculados ao Deportivo ata o final da tempada 2006/2007

19/12/2000 22:13

Scaloni, cuxo contrato finalizaba este mes de decembro, manifestou a súa ilusión de permanecer moitos anos na disciplina deportivista e de conseguir títulos para o Deportivo.

Augusto César Lendoiro agradeceu aos xogadores e ao seu pai (e representante) as facilidades prestadas para a negociación e sinalou a importancia de contratos así de longos cos xogadores que sente tan vinculados coa cidade herculina.

Co presente son tres os xogadores deportivista renovados no último mes, despois de que o día 29 de novembro Djalminha renovase ata o 2005 e que o día 12 deste mes de decembro fose Mauro o que renovaba ata o 2004

Máis novas de: SCALONI

RCD / Noticias Relacionadas

24/11/2005 22:03 |

Scaloni anuncia que cumprirá o seu contrato co Deportivo e regresará despois ao fútbol arxentino

O capitán do Deportivo, Lionel Scaloni, quixo hoxe xoves na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol' ratificar as declaracións que efectuou na Cadea Ser onte mércores nas que afirmaba que o seu desexo era cumprir o seu contrato no Deportivo, que expira en xuño de 2007, e posteriormente regresar ao seu país, para acabar a súa carreira profesional no Estudantes.