Os médicos realizarán probas no xeonllo lesionado de Bodipo
Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo realizarán mañana luns e o martes diversas probas no xeonllo dereito de Bodipo, lesionada na acción do penalti que supuxo o segundo tanto deportivista.
Segundo Rafa Arriaza, traumatólogo do Club, "parece a primeira vista unha escordadura de xeonllo, pero hai que esperar a ver que nos din as probas".