RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis' ofreceu unha mañá inesquecible aos alumnos do CEIP Salgado Torres

Medio centenar de alumnos de 6º de Primaria do CEIP Salgado Torres gozaron na mañá de hoxe dunha xornada de 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis', no incomparable escenario do Estadio ABANCA-RIAZOR. Ademais, os rapaces gozaron do privilexio de compartir boa parte da mañá con Curbelo e Miralles, gardametas do Deportivo ABANCA, Segado e Juanje, xogadores do Fabril.

Os alumnos gozaron dunha visita guiada polas dependencias interiores de ABANCA-RIAZOR. Posteriormente, recibiron unha charla acerca da historia do Dépor a cargo do xornalista de La Opinión de A Coruña Carlos Miranda, autor do libro '110 % Blanquiazul', apoiado no arquivo recompilado polo ex conselleiro Pachy Dopico e que conta coa revisión e autorización por parte do RC Deportivo.

Finalmente, todos viviron con ilusión a sorpresa da aparición dos catro futbolistas branquiazuis, que contestaron a todas as preguntas dos pequenos e asináronlles postais dedicadas. A xornada finalizou coa habitual foto de familia a pé de campo.

A experiencia branquiazul destes rapaces terá continuidade no partido ligueiro do Dépor en ABANCA-RIAZOR fronte ao CF Rayo Majadahonda, correspondente á 33ª xornada de LaLiga 1|2|3, o sábado 6 de abril ás 16:00 horas. O Club regala unha entrada dobre a cada un deles.