RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os pais dos xogadores do Dépor Genuine participan en charlas formativas da Fundación San Rafael

A sede da Fundación IMQ San Rafael na Costa da Palloza, 4 acolleu esta tarde charla "Intelixencia Emocional: xestión das frustracións", dirixida aos pais dos xogadores do Dépor de LaLiga Genuine.

Impartida pola psicóloga Neves Rey Aguirre, da Fundación IMQ San Rafael, centrouse en aprender máis sobre como xestionar as emocións dos futbolistas do equipo de cara á práctica do fútbol e tamén noutras situacións do seu ámbito persoal.

Esta actividade únese a outras realizadas pola Fundación dirixidas a este equipo do Club, como a referente a hábitos saudables en alimentación celebrada hai unhas semanas.