RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Os Servizos Médicos citarán nos próximos días a adestrar a Riki, Lassad e Iván Pérez

Nos próximos días, os Servizos Médicos citarán aos futbolistas Riki, Lassad e Iván Pérez para que comecen xa a pretemporada, ao longo da segunda quincena deste mes de xuño. Adestrarseán no Mundo do F&uacute

Riki tivo varios episodios musculares a pasada tempada que non queren os médicos que se repitan na presente, na que o dianteiro madrileño perfílase como peza importante no ataque do equipo de José Luís Oltra. Este sistema funcionou ben con Lassad, que o pasado verán incorporouse varias semanas antes que o resto do persoal e logo apenas tivo lesións durante a tempada.

Iván Pérez, cedido polo Dépor á Ponferradina durante a pasada tempada, viviu unha situación similar á de Riki, con algunhas lesións musculares que lle impediron por exemplo finalizar a liga en Segunda División. O centrocampista galego estivo estes días pasados traballando co fisioterapeuta Julián Rodríguez e Pablo López. Agora atópase de descanso uns días ata que sexa citado de novo.