RCD / NOVAS

Os Servizos Médicos confirman as lesións musculares de Eneko Bóveda e Salva Ruiz

27/10/2020 14:01

Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo confirmaron esta mañá, a raiz das probas realizadas, as lesións musculares de Eneko Bóveda e Salva Ruiz sufridas por ambos os futbolistas o pasado domingo no Estadio San Lázaro Vero Boquete de Santiago.

Así, Eneko Bóveda ten danado o bíceps femoral da súa perna esquerda e Salva Ruiz, o semitendinoso dereito.

Os dous xogadores estarán os próximos días con tratamento médico e de fisioterapia. Segundo a súa evolución permítao pasarán á fase de readaptación deportiva, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.

Máis novas de: BÓVEDA, SALVA RUIZ