RCD / NOVAS

Os Servizos Médicos, pendentes da evolución de Adrián López

15/04/2018 14:42

Os Servizos Médicos do Club agardarán á evolución de Adrián López, que onte en San Mamés sufriu un doloroso pisotón no seu pé dereito.

Están fóra do grupo Sidnei, que se exercitou co readaptador Fran Molano, ademais de Muntari e Eneko Bóveda.

Fede Cartabia realizou un intenso adestramento e mañá luns realizará xa tarefas co grupo.

Podes consultar aquí o estado físico do equipo deportivista: