RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os socios do Deportivo Liceo deberán retirar invitación para o partido contra o Barça

Pola expectación xerada e co obxectivo de encher o Palacio dos Deportes este venres ás 20:30 para o partido DEPORTIVO LICEO-BARÇA que abre a competición da OK Liga 2019-2020, todos os socios do Club verdibranco e os abonados do Dépor con acceso aos partidos do Deportivo Liceo terán que solicitar unha entrada (sen custo) desde hoxe luns pola tarde até o xoves durante todo o dia.

Os socios do Deportivo Liceo poden facelo no Club colexial de 17:00 a 21:00 (Colexio Liceo La Paz, rúa Sebastián Martínez Risco, 12)

Os abonados do Real Club Deportivo na Oficina de Atención ao Deportivista en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas, martes e xoves. O mércores, día do partido contra o Numancia en ABANCA-Riazor, estarán á venda nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de forma ininterrompida de 11:00 a 21:00 h.

Se quedan entradas dispoñibles poranse á venda o venres na Oficina de Atención ao Deportivista de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas e desde unha hora antes do partido no despacho de billetes.

Para calquera consulta: 981 131 451.