RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os Socios poden optar a invitacións dispoñibles para o Xuvenil A-Racing de Santander do domingo ás 12:00 en Abegondo

O Real Club Deportivo activa, dentro das esixencias da actual situación sanitaria, o protocolo de apertura con aforo reducido da Cidade Deportiva de Abegondo para o partido de División de Honra Xuvenil do domingo 23 de maio ás 12:00 horas entre o Xuvenil e o Racing de Santander.

Poden optar a unha das invitacións dispoñibles todos os Socios do Real Club Deportivo que o soliciten formalmente a través da web: http://reservas.rcdeportivo.es, na que deberán introducir os seus datos: nome, apelidos, ID de socio, 4 últimos números do DNI e correo electrónico.

Este procedemento ten tres fins: poder realizar a solicitude da invitación; en caso de adxudicación de invitación e de que se poidan realizar desprazamentos, poder notificar ao socio que ten dereito de acceso á Cidade Deportiva; e, ademais, levar un control de repartición en atención á normativa sanitaria de seguimento da COVID-19.

Dado o escaso número de localidades dispoñibles, o Real Club Deportivo roga encarecidamente que unicamente soliciten invitación aqueles Socios que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden entradas sen utilizar nun procedemento 100% telemático que é posible grazas, unha vez máis, á utilización da tecnoloxía da empresa Cluber integrada por Duacode nos nosos sistemas.

A solicitude formal debe realizarse entre a publicación desta normativa e o xoves 20 de maio ás 14:00 horas, momento no que se pechará o prazo de solicitudes de entradas para un novo partido do Xuvenil en Abegondo.

Posteriormente ao peche do prazo de solicitudes notificarase, vía correo electrónico, a aqueles que sexan adxudicatarios dunha invitación, que dispoñen de entrada e o método de acceso á Cidade Deportiva.

Todos os asistentes deberán ocupar obrigatoriamente a fila e asento asignado para poder ter a todos os afeccionados localizados en caso de rastrexo por COVID-19.

Tamén por protocolo COVID cada asistente deberá pasar un control de temperatura, hixienizar as súas mans, portar máscara en todo momento, sentar obrigatoriamente na localidade asignada no punto de control de accesos (estará identificada cun adhesivo verde de ASENTO DISPOÑIBLE) e permanecer na devandita localidade sentado até finalizar o partido (unicamente permítense desprazamentos aos baños. Non haberá servizo de bar nin está permitido introducir e consumir alimentos ao interior da Cidade Deportiva), respectando en todo momento a distancia de seguridade de 1,5 metros nos controis de acceso e durante a permanencia no interior da instalación.

Cambiar imagen