RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os técnicos branquiazuis inciden esta mañá en traballo de potencia aeróbica

Os técnicos branquiazuis fixeron esta mañá especial fincapé na potencia aeróbica, con series de 1.000 metros ao longo dos seis campos de herba natural da Cidade Deportiva.

Antes, o cadro branquiazul, coas ausencias de Bóveda e Somma, arrincou cun quecemento e unha serie de tarefas de cambio de dirección e aceleración no campo 1; un circuíto pliométrico e de forza de tren superior supervisado por Fran Molano nun dos campos de fútbol 7; e un traballo técnico-táctico con balón dirixido por Fernando Vázquez.

Mañá sábado, o Dépor pecha a semana de adestramentos individuais con dúas quendas de futbolistas: 09:30 e 11:00 horas.