RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os titulares en Sevilla rebaixaron a intensidade dun adestramento no que xa participou Carles Gil

Os futbolistas titulares en Sevilla o pasado sábado realizaron esta mañá en Abegondo unha parte da sesión, no regreso do Deportivo aos adestramentos, cara ao encontro deste sábado 15 de abril en Riazor ante o Málaga (13:00 horas, Bein Sports).

Así, Sidnei, Luisinho, Celso Borges, Kakuta, Marlos, Guilherme, Joselu e Emre Çolak retiráronse ao vestiario antes que o resto de compañeiros.

Non se adestraron co grupo Arribas, con molestias nun nocello; Juanfran, que tivo tratamento médico e de fisioterapia tras as probas médicas realizadas esta mesma mañá; e Lux, no ximnasio. Pola súa banda, Pedro Mosquera adestrouse co readaptador, Fran Molano; e Fernando Navarro tivo ximnasio e fisioterapia.

A boa noticia do día foi o regreso de Carles Gil, que completou con normalidade toda a sesión.

Hoxe, tras un quecemento, Pepe Mel incidiu nos remates a portería e en fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Mañá martes, o equipo volverá adestrarse en Abegondo, a partir das 10:30 horas.