RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Os torneos de Nadal en #ANOSACANTEIRA arrancaron hoxe con dobre triunfo do Infantil A en Huesca

Un total de 4 equipos de #ANOSACANTEIRA fan un parón nas súas vacacións do Nadal co fin de disputar torneos tradicionais nestas datas.

O primeiro en arrancar foi o Infantil A, desde hoxe en xogo na Aragón Cup. Mañá sábado entran en acción o Alevín A na Copa Integra Energía de Oviedo e o Alevín B no Torneo de Nadal Concello de Vigo.

Para o domingo 29 queda a participación do Benxamín A no Torneo do Laracha CF de categoría alevín.

O Infantil A, clasificado para a Segunda Fase da Aragón Cup 2019

O Infantil A, que pechou 2019 como líder sólido do grupo norte da Liga Galega, disputa en Huesca desde hoxe venres a Aragón Cup 2019.

O conxunto deportivista arrancou hoxe con dous triunfos na Primeira Fase no grupo D, ante o Stadium Casablanca de Zaragoza (1-0) e a SD Huesca C (11-0).

Mañá comeza a Segunda Fase, coa SD Huesca A e o Valencia CF como rivais do equipo de Darío Cotelo.

O calendario de partidos do Infantil A, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Venres 27 de decembro
STADIUM CASABLANCA 0 - INFANTIL A 1 (Iraitz Casal)
INFANTIL A 11 (Mesfin -2-, Iraitz Casal, Carballo -2-, Noé, Diego, Héctor, Memet, Óscar e Álex) - SD HUESCA C 0

Sábado 28 de decembro
Segunda Fase
11:00: INFANTIL A - SD HUESCA A
13:00: INFANTIL A - VALENCIA CF

Cita para o Alevín A na Copa Integra Energía en Oviedo

O Alevín A compite mañá sábado e o domingo na Copa Integra Energía en Oviedo.

O conxunto deportivista quedou encadrado en primeira instancia no grupo B, co Real Valladolid, TSK Roces e 2 equipos procedentes da Fase Previa.

O calendario de partidos é o seguinte:

Primeira Fase
Sábado 28 de decembro
15:00: ALEVÍN A - EQUIPO DA FASE PREVIA, en El Berrón
15:35: ALEVÍN A - EQUIPO DA FASE PREVIA, en El Berrón
16:45: ALEVÍN A - TSK ROCES, en El Berrón
17:20: ALEVÍN A - REAL VALLADOLID, en El Berrón

Os 2 primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que arrancan o domingo 29 a partir das 10:30 en El Berrón.

O resto de equipos pasan á Copa Energía, que, desde oitavos de final, dispútase o domingo 29 a partir das 10:00 no campo Tensi.

RC Celta e Pabellón Ourense, rivais iniciais do Alevín B en Vigo

O RC Celta e o Pabellón Ourense CF serán os rivais iniciais do Alevín B no 4º Torneo Internacional de Nadal Concello de Vigo, que se celebra mañá sábado 28 de decembro no campo Pahíño en Navia (Vigo).

O calendario inicial do conxunto deportivista é o seguinte:

Primeira Fase
10:10: RC CELTA - ALEVÍN B (campo 2)
10:50: PABELLÓN OURENSE CF - ALEVÍN B (campo 2)

Os dous primeiros de grupo clasifícanse para semifinais, que serán ás 11:30; mentres que o 3º de grupo pelexará pola 5ª e 6ª praza do torneo, ás 12:10.

Reto para o Benxamín A o domingo 29 no torneo alevín do Laracha CF

O Benxamín A afronta este domingo 29 de decembro un bonito reto, a súa participación na 9ª edición do Torneo do Laracha CF para categoría alevín, competición que se xoga no Municipal de Laracha.

O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo C, co Orillamar SD, Atlético Arteixo e Sporting Coruñés SD.

O calendario de partidos do Benxamín A é o seguinte:

Primeira Fase
10:30: BENXAMÍN A - ATLÉTICO ARTEIXO
12:30: ORILLAMAR SD - BENXAMÍN A
14:30: BENXAMÍN A - SPORTING CORUÑÉS SD

Os 2 primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogan a continuación.