RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Os triunfos do Alevín A, Benxamín A e Benxamín B abren a xornada ligueira en #ANOSACANTEIRA

A xornada iniciouse onte xoves 1 de febreiro, co encontro entre o Benxamín A e o San Tirso A, da Segunda Fase da Primeira Comarcal. O partido foi do equipo branquiazul (6-0), que consolida así o seu liderado no grupo.
Hoxe venres 2 de febreiro houbo outros dous encontros. Así, o Alevín A arrincou con triunfo (5-1) o Trofeo Luís Calvo de fútbol once, no grupo norte. O seu primeiro rival, en Abegondo, foi o Ural A. O formato de competición será de liga a unha soa volta. No mes de maio, o campión xogará no campo das Eiroas de Carballo a final contra o campión do grupo sur.
Pola súa banda, o Benxamín B gañou (1-5) á Santa Cruz B, en partido da 14ª xornada na Segunda Comarcal A Coruña.
En Segunda División B, o Fabril recibe en Abegondo este domingo 4 de febreiro ao Rayo Majadahonda, coa segunda praza en xogo, agora en mans do equipo madrileño. O encontro arrincará ás 17:00 horas e será de entrada libre para os socios. Para o público, a entrada sénior costa 10 euros, e 3 euros para os menores de 16 anos.
Dúas horas máis tarde (19:00 h.), o Xuvenil A defende o liderado da División de Honra ante o Pontevedra. Para este encontro, do mesmo xeito que para o do Cadete B de Liga Galega tamén o domingo (11:00 h.), os socios do Dépor pasan gratis. Nestes casos, para o público a entrada única é a 3 euros.
Tamén compiten en casa o Deportivo ABANCA B (domingo ás 16:00 en Arteixo) e Infantil B (sábado ás 11:00 en Abegondo); e fóra de casa o Xuvenil B (sábado ás 16:00 en Vilagarcía ante o Arosa), Cadete A (sábado ás 16:15 en Vilagarcía) e Infantil A (domingo ás 12:00 en Ourense).
O calendario, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:
Segunda División B
24ª xornada: FABRIL - RAYO MAJADAHONDA, o domingo 4 de febreiro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: 1. Fuenlabrada, 50 puntos; 2. Rayo Majadahonda, 44 puntos, 3. Fabril, 41 puntos; 4. Rápido de Bouzas, 40 puntos; 5. Navalcarnero, 38 puntos...
Categoría feminina
19ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - UMIA, o domingo 4 de febreiro ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: ... 2. Atlético Arousana, 42 puntos; 3. Deportivo ABANCA B (un partido menos), 39 puntos; 4. Viaxes InterRías FF (dous partidos menos), 36 puntos; 5. Umia (un partido menos), 34 puntos...
Categoría xuvenil
22ª xornada: XUVENIL A - PONTEVEDRA, o domingo 4 de febreiro ás 19:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, 49 puntos; 2. Sporting de Gijón, 48 puntos; 3. Celta, 46 puntos; 4. Real Racing Club, 43 puntos...
21ª xornada: AROSA - XUVENIL B, o sábado 3 de febreiro ás 16:00 no campo Manuel Jiménez (Vilagarcía)
Clasificación da liga Nacional: ... 3. Victoria, 41 puntos; 4. Racing de Ferrol, 39 puntos; 5. Xuvenil B, 38 puntos; 6. Rápido de Bouzas, 28 puntos...
Categoría cadete
21ª xornada: ED AROUSA SD - CADETE A, o sábado 3 de febreiro ás 16:15 no campo A Pelada - Faxilde (Vilagarcía)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 58 puntos; 2. Cadete A, 49 puntos; 3. Pontevedra, 35 puntos...
21ª xornada: CADETE B - LUGO B, o domingo 4 de febreiro ás 11:00 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: ... 3. Xuventude de Oroso, 47 puntos; 4. Viveiro A, 37 puntos; 5. Cadete B (un partido menos), 36 puntos; 6. Lugo B, 35 puntos; 7. EF Lalín, 32 puntos...
Categoría infantil
4ª xornada: OURENSE - INFANTIL A, o domingo 4 de febreiro ás 12:00 no Municipal de Oira (Ourense)
Clasificación da Fase polo Título: 1. Celta e Infantil A, 9 puntos; 3. Ourense, 6 puntos...
23ª xornada: INFANTIL B - CALASANZ B, o sábado 3 de febreiro ás 11:00 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Orillamar, 50 puntos; 2. Infantil B, 49 puntos; 3. Sporting Cambre e Ural B, 42 puntos...
Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, 1ª xornada: ALEVÍN A 5 (Dani, Ayana, Pablo, Óscar e David) - URAL A 1
Segunda Fase, grupo 1º, 3ª xornada: ALEVÍN B - ADC OBRADOIRO, o domingo 4 de febreiro ás 12:00 en La Torre
Categoría benxamín
5ª xornada: BENXAMÍN A 6 (Eder -4-, Xabi e Anxo) - SAN TIRSO A 0
Clasificación da Segunda Fase da Primeira Comarcal: 1. Benxamín A (un partido máis), 15 puntos; 2. Obrero A, 10 puntos; 3. Ural A, Atlético Coruña Montañeros A e Calasanz A, 9 puntos...
14ª xornada: SANTA CRUZ B 1 - BENXAMÍN B 5 (Ioan, Ronquete, Nico, Mauro e Paulo)
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B (un partido máis), 39 puntos; 2. Victoria C, 31 puntos...