RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os veteranos do Dépor colaboran con Pai Rubinos nun taller de reminiscencia

A Asociación de Veteranos do Real Club Deportivo e o persoal da residencia Padre Rubinos, que este ano celebra o seu centenario, iniciaron hoxe na sede da Real Institución Benéfico Social a primeira sesión #TallerFútbolReminiscencia onde se utiliza a historia do Dépor como ferramenta para activar recordos entre os maiores.

O Taller terá unha duración de 12 semanas e nesta ocasión asistiron os veteranos Donato, Jaime, Maikel e Manolete.

Os recordos do fútbol úsanse como terapia para xerar felicidade, axudar a atrasar a deterioración cognitiva e mellorar o estado de animo dos maiores. En próximas sesións participasen outros membros da Asociación de Veteranos do Club.