RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Os Veteranos do Dépor conquistan a Marosa Cup

O equipo de Veteranos do RC Deportivo conquistou a Marosa Cup ao vencer pola mínima ao equipo local, o Burela.

O partido disputouse no campo da Marosa este sábado 29 de setembro, no marco dun torneo no que tamén participaron o Alevín A e o Benxamín A branquiazuis, que tamén se proclamaron campións nas súas respectivas categorías.

Xogadores como Dani Mallo, César, Nando, Donato ou Paco Zas defenderon a camiseta branquiazul nunha xornada festiva grazas ao labor da organización e da Peña Deportivista de Burela.