RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Os Veteranos do Dépor, na homenaxe ao ex árbitro Martínez Brión

Os Veteranos do RC Deportivo participaron hoxe sábado 7 de xullo na homenaxe ao ex árbitro Manuel Martínez Brión, na localidade de Esteiro, no concello de Muros.

O equipo branquiazul enfrontouse a un combinado de amigos do lendario exjugador deportivista José Luis Vara. O encontro estivo moi igualado e concluíu con empate a 2 goles.

O campo José Luis Vara acolleu o encontro, ao que asistiu unha gran cantidade de público e amigos nunha xornada moi especial e emotiva para render homenaxe ao excolegiado, que chegou a dirixir encontros de Segunda División B entre 1988 e 1993.