RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os veteranos do Dépor participarán no cuadrangular "Por unha vitoria contra a fame"

Os veteranos do Real Club Deportivo participan, un ano máis no cuadrangular "Por unha vitoria contra a fame", organizado polo Club Deportivo Cristal. Ademais dos dous Deportivos, o torneo disputarano o Ural e o equipo da Asociación da Prensa da Coruña. A cita comeza ás 10:30 na cidade deportiva da Torre e prolongarase até as 14:30 do próximo sábado día 30. 

Como cada ano, o obxectivo é recadar alimentos para a Cociña Económica da Coruña, que poderán entregarse na carpa instalada ao efecto no recinto deportivo coruñés. Esta edición se celebrá ademais en memoria de Alberto Martí, presidente da institución benéfica ata o seu falecemento.