RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
VETERÁNS

Os veteranos do Dépor, unidos na alegría e a dor

Os veteranos do Deportivo viviron unha xornada de emocións intensas que comenzó coa despedida a un dos membros ilustres da gran familia branquiazul, José Manuel Sertucha Ereñozaga, xogador do Dépor entre as tempadas 66 e 71, qu

Os familiares e amigos de Sertucha estiveron acompañados por Fernando Vidal en representación do Club e por case un centenar de xogadores e empregados de todas as épocas que coincidiron con el ao longo de todos estes anos en Coruña.

Xa pola tarde, o presidente da Asociación de Veteranos do Deportivo, Manuel Ríos Quintanilla “Manolete”, recibiu de mans de Arturo López, presidente da pena deportivista Fonte de Catro Camiños, o recoñecemento como “Deportivista do ano”. Xunto ao exinternacional español estiveron outros históricos como Arsenio Igrexas, Carlos Ballesta, Javier Oregui ou Javi Manjarín. Fernando Vázquez tampouco quixo perderse un acto no que Manolete pediu “un cariñoso recordo para un compañeiro que se foi e que era todo un cabaleiro” en referencia a Sertucha, antes de asegurar que “só lle quixen devolver a todos os que me rodean o que o fútbol me deu, que foi moito”. Pola súa banda Fernando Vidal, que participou no encontro xunto aos conselleiros Martín Pita, Enrique Calvete e Juan José Xaén, recoñeceu que era “unha honra participar no noso primeiro acto nunha pena tan deportivista como esta, nun momento no que hai que estar todos xuntos, cos veteranos e o resto do deportivismo, porque o Dépor é de todos”

A medallista olímpica Sofía Toro e o propio Javier Manjarín recibiron tamén un detalle nunha homenaxe no que participaron decenas de persoas.