RCD / NOVAS

Os Veteranos do Deportivo venceron en Abegondo ao Ourense CF de 2ª Autonómica

14/07/2018 22:18

Os Veteranos do RC Deportivo disputaron este sábado 14 de xullo un encontro amigable fronte ao Ourense CF na Cidade Deportiva de Abegondo, no que se impuxo o conxunto branquiazul por 1-0 a pesar da xuventude dos seus rivais.

Este conxunto do Ourense CF milita en Segunda Autonómica. O seu adestrador é un exjugador fabrilista, Antonio Sequeiros, que defendeu a camiseta do filial deportivista nas temporadas 1985-1986 e 1986-1987.

Familiares e amigos do Ourense CF puideron gozar dunha bonita xornada de fútbol e confraternidade nunhas instalacións de primeiro nivel como as da Cidade Deportiva branquiazul, ademais de departir cos ex xogadores de elite que continúan vestindo de branquiazul.