RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Os xogadores analizan o partido ''máis tranquilo'' da tempada

Ao término do partido, o tres futbolistas que atenderon aos medios de comunicación en zona mixta, Diego Seoane, Diego Ifrán e Laure, coincidiron en cualificar o partido como "tranquilo".

O primeiro, Diego Seoane, analizou o encontro como “moi cómodo e controlado. Aproveitamos o erro e na segunda parte puideron ser máis de dúas. Seguimos un ritmo constante sempre e notouse. O equipo estivo inmenso, como temos que estar en casa.”


Pola súa banda, un dos goleadores da mañá, Diego Ifrán, celebrou a súa tanto: “mellor imposible porque facer gol dáche tranquilidade para o resto de partido. É mellor, máis lindo marcar en casa porque a xente gózao. Estamos ben encamiñados pero faltan oito partidos e está todo moi parello.”
 


O último en comparecer, Laure, non quixo lanzar as campás ao voo: “vese un pouco máis preto pero quedan oito finais e se cometes un erro a sensación é diferente. O que está claro é que nos facía falta un partido como este, sentíndonos ben e deixando a portaría a cero. Non foi o mellor pero si o máis tranquilo.”