RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Os xogadores branquiazuis ven ''importantísimo'' o punto conseguido

  Fede Cartabia, Laure e Sidnei cualificaron na zona mixta como "moi importante" o punto logrado esta noite en Ipurua.

Fede Cartabia, goleador esta noite, subliñou a dificultade de puntuar en Eibar: "Xogan ben, apertan moito". Agora, espera o atacante deportivista tras este bo resultado "selar a permanencia no noso estadio ante un Xetafe necesitado".
 
O capitán Laure advirte que "o partido se nos puxo pronto costa arriba. Pero seguimos loitando e obtivemos o premio. Ao final ímonos con bo sabor de boca". Insiste o lateral deportivista que "nos imos moi contentos e agora, a esperar ao Xetafe".
 
O central brasileiro cre que o "equipo fixo un bo traballo e agora toca pensar no próximo partido no noso estadio". Opina Sidnei que "fixemos ocasións para marcar. Conseguimos un punto e ímonos contentos".