RCD / NOVAS

Os xogadores branquiazuis vístense de Reis Magos no Hospital Materno e a Maternidade HM Belén

29/12/2016 17:01

Este venres 30 de decembro, varios xogadores e xogadoras do Deportivo e do Deportivo Abanca entregarán regalos branquiazuis e, sobre todo, moita simpatía aos rapaces que se ven obrigados a pasaren estes días hospitalizados no Hospital Materno Infantil da Coruña e a Maternidade HM Belén; en visitas que se repiten tradicionalmente cada Nadal.

Así, a partir das 13.00 horas, xusto despois do adestramento en Abegondo, Laure, Alex, Poroto Lux, Bruno Gama, Gere e Lía acercaranse ao Hospital Materno Infantil Teresa Herrera (As Xubias s/n) para repartiren felicidade entre os pequenos ingresados en dito centro hospitalario.

Pola tarde, ás 17.00 horas, Pedro Mosquera, Juanfran, Estefi e Eva pasarán pola Maternidade HM Belén (rúa Filantropía nº 3) para compartir uns minutos cos raparigos ingresados neste centro hospitalario.