RCD / NOVAS

Os xogadores cumpren o reto do cubo de auga de Ana Cano, unha deportivista enferma dela

Manuel Pablo, Laure e Álex (tres dos capitáns do primeiro equipo) e Diogo Salomao cumpriron esta mañana en Abegondo co reto do cubo de auga xeada que lles propuxo a pasada semana Ana Cano, unha afeccionada do Dépor de Córdoba e enferma dela.  

12/11/2014 20:39

Cada vez que o equipo xoga no Arcanxo, o persoal deportivista recibe a visita de Ana, un deportivista exemplo de superación e de ganas de vivir, con máis de 25 anos loitando contra esta terrible doenza.

Ana, ataviada coa súa inseparable camiseta branquiazul dedicada polo seu ídolo Diogo Salomao, retou ao persoal deportivista a cumprir este reto, que serve ademais para concienciar á xente desta grave enfermidade.

Máis novas de: ÁLEX, LAURE, SALOMÃO, MANUEL PABLO