RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Os xogadores do Dépor átanse contra o alzheimer

O RC Deportivo sumouse este xoves ao Día Mundial do Alzheimer, nunha xornada na que os seus futbolistas luciron nas súas botas cordóns morados, cor que representa a loita contra esta enfermidade.

Varios xogadores deportivistas, como Celso Borges, Borja Valle ou Saúl, mostraron a súa solidariedade luciron os cordóns morados durante o adestramento desta tarde en Abegondo.

Tamén no marco desta xornada, os usuarios de AFACO foron convidados o encontro do pasado mércores fronte ao Arabés, dentro da Bancada Solidaria.