RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Os xogadores do Dépor xa teñen o Manual de Benvida da LFP

- Foto: Susi García - A liga de Fútbol Profesional elaborou unha guía práctica para os xogadores e técnicos que compoñen a liga BBVA e a liga Adiante que esta tarde recibiron os xogadores e técnicos do D&eacut

A liga de Fútbol Profesional recolleu os valores e as responsabilidades que deben cumprir os futbolistas que militan en ambas as competicións nesta guía práctica que xa está en todos os vestiarios do fútbol profesional. Editada en español, inglés e francés, convida os futbolistas que militan na liga española a contribuír co crecemento e difusión da súa imaxe e valor. “A dimensión universal e internacional do fútbol é sen dúbida a que esperta o interese de medios de comunicación e patrocinadores, a que permite a captación de novas fontes de ingresos para todos”, escribe o Presidente da LFP, Javier Tebas.

A guía recolle unha serie de consellos, normas e material fotográfico nos que se insta aos futbolistas da liga BBVA e Liga Adiante a respectar o espírito deportivo e as regras do xogo, a rexeitar o racismo, a xenofobia, a violencia, a intolerancia e a dopaxe, a practicar o Xogo Limpo e denunciar a fraude, a mostrar compromiso e implicación social ao máximo nivel e competir para gañar con solidariedade, compañeirismo e espírito deportivo. Consignas que teñen como obxectivo gozar do xogo defendendo os valores do fútbol.