RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os xuvenís campións atoparanse o luns en ABANCA-RIAZOR con todos os que fixeron achegas a #UnDosMeus

Nunha semana especial e histórica para A Nosa Canteira, coa disputa da volta da primeira eliminatoria da Ruta dos Campións da UEFA Youth League en ABANCA-RIAZOR, a primeira das actividades será un acto que terá lugar no Estadio Deportivista mañá luns de 16:00 a 18:00 h.

Durante ese tempo, os xuvenís que se proclamaron campións de España o pasado mes de xuño en Marbella terán un encontro con todos os Deportivistas que fixeron a súa achega a #UnDosMeus, a iniciativa de apoio á canteira auspiciada polo actor Xosé Antonio Touriñán.

Cada un dos Deportivistas que fixo achegas para ter a súa postal dedicada ou unha camiseta deseñada ao efecto de #UnDosMeus, poderán pasarse a recollela pola porta 29 do Estadio ABANCA-RIAZOR e acceder á pista que rodea o terreo de xogo para que lla asinen ou facerse unha foto cos membros da canteira branquiazul.

As portas do Estadio abriranse ás 16:00 h. e pecharanse ás 18:00 para que os futbolistas poidan acudir ao penúltimo adestramento en Abegondo de preparación do partido da UEFA Youth League. Os Deportivistas que non poidan asistir á cita nese tramo horario a recoller as súas camisetas poderán retiralas a partir de entón na DéporTienda de ABANCA-RIAZOR.

Xunto a Xosé Antonio Touriñán estarán en ABANCA-RIAZOR para facerse fotos e asinar autógrafos ao Deportivismo: Álex González, Barcia, Brais, Delgado, Diego, Jairo, Mario, Martín, Mauro, Mella, Nacho, Nájera, Noel, Padín, Raúl, Ríos, Rodrigo, Seidy, Trilli, Urdiales, Víctor e Yeremay.

Entrada (gratuíta e obrigatoria) para socios e solidaria para afeccionados para a UEFA Youth League