RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Os xuvenís e cadetes do Deportivo márchanse de vacacións

Os dous equipos xuvenís e os dous equipos cadetes do RC Deportivo comezan as súas vacacións de verán, despois dunha longa temporada de 9 meses de competición.

O Xuvenil A que dirixiu Rubén Coméndez foi terceiro clasificado no grupo 1º da División de Honra e alcanzou os cuartos de final da Copa do Rei. Foi eliminado polo Sevilla nunha eliminatoria que puido caer para calquera das dúas partes.

O Xuvenil B de Pablo López proclamouse subcampión da Liga Nacional. Estivo con opcións de lograr o título practicamente ata a última xornada.

O Cadete A de David Páez foi tamén subcampión de liga na División de Honra.

Finalmente, ao Cadete B, preparado por Manuel Felípez, escapóuselle o título ligueiro no grupo norte da Liga Galega na última xornada, en beneficio do Calasanz.

Nos próximos días, o Club fará públicas as datas de regreso aos adestramentos dos diferentes equipos.