RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os xuvenís Yeremay, Jairo e os fabrilistas Adri Castro, Alberto e Guerrero, novidades no Dépor para Soria

O Deportivo encara o último partido da temporada, mañá domingo 9 de maio no Estadio dos Pajaritos de Soria (12:00 horas, Footters) ante o CD Numancia, cos futbolistas do primeiro equipo dispoñibles e unha nutrida representación de #ANOSACANTEIRA: os fabrilistas Adri Castro, Alberto e Iván Guerrero; ademais dos xuvenís Yeremay e Jairo.

Quedan fóra da convocatoria Derik, Keko, Gandoy, Mujaid, Claudio Beauvue, Lucho e Miku. Todos eles tiveron adestramento específico durante toda a semana. Esta lista de xogadores non dispoñibles, segundo Rubén de la Barrera, "é importante en referencia aos últimos partidos pero a xente que está dispoñible vaille a permitir ao equipo seguir sendo competitivo. Iso é o que queremos, ser competitivos en Soria, facer o mellor partido posible e ir alí a lograr a vitoria".

Resalta o técnico coruñés aos futbolistas que van estar mañá domingo nos Pajaritos: "A iso é ao que nos agarramos para completar unha gran actuación e lograr a vitoria".

De feito, advertiu Rubén da Barreira en rolda de prensa que "se o CD Numancia quere máis que nós ten que ser máis. E nós non podemos ser menos que eles. Se nós perdemos en Soria ten que ser porque o Numancia é tremendamente superior en xogo a nós. Non en actitude, intensidade..."

Na sesión desta mañá, última da temporada 2020-21, o corpo técnico deportivista dispuxo dun exercicio de posesión e un partido para concluír.

Os convocados emprenden viaxe a Soria por estrada este mediodía e o regreso á Coruña será após o partido.