RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Óscar Cano asegura que se vai de ABANCA-RIAZOR "coa sensación que o equipo está preparado para todo"

Óscar Cano manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que o partido entre o Deportivo e o Córdoba CF "case é doutra categoría. Dous equipos con moitísimos xogadores dunha gran calidade".

O técnico deportivista sinala que na primeira parte "sen ser o que vimos sendo, defendemos ben, roubámoslles a pelota en varias ocasións, dispuxemos de varios contraataques que puideron acabar en adiantarnos no marcador. E non puido ser. Mesmo hai un balón ao pau aínda que sexa nun rexeite deles, unha ocasión clarísima de Mario de cabeza e outra de Isi Gómez que practicamente era de empuxar".

Após o descanso, apunta que "eles tiveron ao final dous ou tres aproximacións que puideron custarnos caras; pero non lembro unha intervención de mérito de Mackay. En cambio para nós tivo unha Kuki Zalazar que cruzou en exceso e dúas ou tres lanzamentos de Quiles marca da casa: vai conducindo a pelota e vaina poñendo á súa perna esquerda e el adoita ser moi certeiro aí. Un empate entre dous grandes equipos. O partido estivo igualado pero aos puntos, se alguén mereceu gañar, creo que somos nós".

Asegura que o Dépor sae reforzado con este empate ante o líder: "Desde que nós vimos os resultados non son malos porque tamén nos tocou enfrontarnos a todos os equipos da parte de arriba. Tendo a confianza que ten o Córdoba CF porque ten esa vantaxe clasificatoria e son grandes xogadores; e tendo en conta que nós vimos dun mal inicio de temporada, creo que este tipo de partidos onde ti te ves competir ante estes equipos e es merecedor de gañar os partidos, debería de reforzar".

Óscar Cano desvela que "cando xogaches contra o líder e entra a xente encabuxada no vestiario é porque eles dentro do campo víronse superiores en moitos momentos do xogo e saben que tivemos as ocasións máis claras de perigo. Estou encabuxado porque no descanso mirei os resultados do resto de partidos e consideraba que era un momento bo de facer o máis 3, achegarte ao líder e achegarte máis ao AD Alcorcón ou Real Madrid Castilla. Voume coa sensación que o equipo está preparado para todo e iso é moi importante. O estado de ánimo é espectacular, sensacional. O equipo compite moi ben. Eu non vexo ningunha parada de Mackay e iso é para darlle mérito a todos os nosos xogadores. Quedamos con cara de parvos por non levarnos os 3 puntos".

Cun partido xa o martes en Badaxoz, asegura o adestrador branquiazul que só lle preocupa o parte físico despois do choque de hoxe e "o demais nada. É un equipo excepcional neste sentido. Vexo ao equipo moi preparado a nivel mental para afrontar as esixencias sabendo que todo é moi complicado non só para nós, senón para calquera. Queda moito e o equipo está preparado para todo", conclúe.

Pola súa banda, Germán Crespo, adestrador do Córdoba CF, subliñou que o partido "foi o que esperabamos, con dous equipos de calidade. Tivemos demasiado respecto os dous equipos. Eles na primeira parte xeraron dúas ou tres accións claras e nós a do gol, que era gol legal. E tanto na primeira parte como na segunda faltounos unha toma de decisións en campo contrario mellor. Faltounos crernos que podiamos gañar o partido".