RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Óscar Cano ten claro que "este equipo vai estar arriba, vai pelexar e vaille a discutir as primeiras prazas a calquera"

A dous partidos de acabar o ano 2022, Óscar Cano opina que "os resultados, quitando o Badajoz, non se axustaron aos merecementos do equipo. Por tanto, como todo na vida, iso volve, vainos a regresar se seguimos traballando".

É máis, asegurou o técnico branquiazul este mediodía na sala de prensa de Abegondo que "se eu pensase que este equipo non pode ser líder, iríame mañá. Evidentemente teño que ter en conta que hai outros competidores que están a rozar a perfección: o Córdoba gáñao todo, o Castilla gáñao todo, o AD Alcorcón, que sumou 1 punto dos últimos 6, pero até ese momento tamén levaba 5 ou 6 vitorias consecutivas... A nós vainos a chegar e cando nos chegue imaxínome que os demais fallarán e estaremos aí na pomada. Non se se imos facer primeiro ou segundo, pero o que si teño claro é que este equipo vai estar arriba, vai pelexar e vaille a discutir as primeiras prazas a calquera. E a partir de aí terémonos que xogar o ascenso da maneira que veña. Somos un dos grandes equipos". "Nós temos un gran equipo e ese gran equipo nalgún momento vai explotar. Eu vou entrar aquí como adestrador nesta sala de prensa con 6, 7 partidos consecutivos sen perder. Iso tamén nos vai a chegar a nós", conclúe.

A 10 puntos do Córdoba CF na clasificación, vaticina que "todos os equipos van pasar crises durante a temporada. Imos tratar de esquecer iso que é unha realidade e unha obviedade e centrarnos en nós, en adestrar ben hoxe, adestrar ben mañá, en prepararnos para o que poida suceder, para que cando teña que suceder iso, sexamos capaces de recortar os puntos e esteamos preparados".

Apunta por conseguinte que a intención é "recuperar nosa mellor versión, que é o que temos que facer. O demais xa virá por arrastre".

Desvelou que a súa sensación en Badaxoz foi que "desde o minuto 1 alí faltaba algo, emoción para xogar, alma, faltaba iso que nos caracterizou. Se analizamos realmente que é o que facemos e que era algo que estaba instaurado no que é o deportivismo, con independencia de que algúns resultados nos poñan máis tristes ou non fagan ser máis críticos ou menos críticos en función de como fosen, tiñamos unha forma de proceder con balón: eramos moi perigosos, non xogabamos por xogar, non acumulabamos pases por acumulalos senón que eses pases levábannos a xerar moitísimas situacións de perigo. Eramos o equipo que tiña o maior índice de aproximacións, de lanzamentos a portería ou de lanzamentos que non acaban en portería".

E no Nuevo Viveiro, "eu vexo que os pases son sen intención, que é tela por tela; que cando limpamos as súas primeiras liñas non imos atacar á última... iso déixame moi insatisfeito e moi encabuxado".

Subliña o adestrador branquiazul que "o que quero é non enganar a ninguén, non enganar á miña xente e a miña xente son os que van de branquiazul e son as 18.000, as 20.000, as 25.000 persoas que imos tratar de meter en ABANCA-RIAZOR. O que penso, con independencia do resultado, é que contra o Castilla fixemos un partidazo e o outro día fixemos un partido moi malo. Pero non só o digo eu, senón que onte métome no vestiario e falo con persoas e como teño un vestiario de p... nai, de xente súper responsable e de boa xente son eles eles mesmos os que che din: 'é que non se que nos pasou pero non eramos nós'. Por tanto, non lle podemos pór panxoliñas agora. Iso si estamos a relatar un feito puntual. A miña confianza é cega".

Así pois, pide "tratar de esquecelo e que non teña ningún tipo de impacto no que está por vir. E o que está por vir chámase Racing de Ferrol e aí é ao que temos que dedicar toda a nosa atención e todo o noso esforzo".

Do Racing de Ferrol, rival este domingo 11 de decembro ás 19:00 horas (TVG-2 e InSports.tv), comenta que "é un equipo moi feito, moi feito e moi ben feito, con xente de moitísima experiencia en todas as liñas. Xoga ben desde atrás, ten centrocampistas que tamén saben xogar moi ben ao fútbol, xente intermedia que desequilibra a través do caneo ou a través do pase en función de quen sexan os aliñados, pero que xera moitísimo fútbol por fóra. Os seus 2 extremos posiblemente esteamos a falar de 2 dos 4 ou 5 que mellor forma están na categoría".

Pedirá aos futbolistas branquiazuis que "as súas saídas por fóra son moi limpas e que iso non faga que eses dous extremos póidanse expresar da mellor maneira porque da expresión deles depende gran parte do éxito ofensivo do Racing. Imos tratar de que non sexan ese equipo, de que non dispoñan desas situacións que lle fagan ser por fóra perigosos e tratar de seguir ou de recuperar esa liña que levabamos case inmaculada, con independencia dos resultados, até o día de Badaxoz".