Óscar Pinchi repite pretemporada co primeiro equipo
Óscar Pinchi está citado para iniciar a pretemporada co Deportivo.
O atacante coruñés foi o pichichi do Fabril a pasada temporada con 22 goles e, con esta cifra, segundo máximo realizador do grupo primeiro da Terceira División, tras Uxío, do Cerceda.
Será a terceira pretemporada consecutiva de Óscar no primeiro equipo, xa que en 2016 estivo ás ordes de Gaizka Garitano; e en 2015 adestrouse con Víctor Sánchez do Amo á fronte do banco deportivista.
Únese Pinchi ao centrocampista Edu Expósito e a meta nixeriano Francis Odinaka Uzoho, os primeiros canteiráns citados por Pepe Mel.
O cadro do Deportivo regresará aos adestramentos o vindeiro mércores 5 de xullo en Abegondo.
Celso Borges, Fayçal Fajr, Florin Andone e Emre Çolak, os catro internacionais que tiveron partidos coa súa selección entre finais de maio e principios de xuño, comezarán a pretemporada unha semana máis tarde, o 12 de xullo.