RCD / NOVAS

Ouro e bronce para Alevín B e Infantil nos torneos de Monforte e Laracha

17/05/2019 22:45

Catro equipos de #ANOSACANTEIRA teñen torneo amigable esta semana: O Infantil e Alevín B hoxe venres en Laracha e Monforte respectivamente; e o Alevín A e Benxamín A este domingo 19 en Rianxo.

O Alevín B domina o Torneo Cidade de Monforte de fútbol 11

O Alevín B disputou hoxe a primeira edición do Torneo Cidade de Monforte de fútbol 11.

O cadro branquiazul foi brillante campión, ademais sen encaixar un só gol nos 5 partidos disputados.

Os resultados do conxunto deportivista foron os seguintes:

Primeira Fase
CP CALASANCIO 0 - ALEVÍN B 2 (Borja Cortegaza e Guillermo)
ALEVÍN B 5 (Yago, Xabi, Dani Couselo, Rubén Trillo e Borja Cortegaza) - CD LA PURÍSIMA 0
ALEVÍN B 7 (Rubén Trillo -2-, Borja Cortegaza -2-, Leandro, Diego e Dani Couselo) - UD OURENSE 0

Semifinal
ALEVÍN B 4 (Borja Cortegaza -3- e Diego) - VIVEIRO CF 0

Final
ALEVÍN B 3 (Rubén Trillo, Dani Couselo e Eder) - CP CALASANCIO 0

O Dépor acaba terceiro no 8º Torneo Infantil do Laracha CF

Un equipo infantil do Dépor xogou hoxe a 8ª edición do Trofeo do Laracha CF, no Municipal de Laracha.

O conxunto deportivista acabou terceiro, após caer (0-1) en semifinais co Imperator OAR e derrotar ao CD Calasanz (1-0) na final de consolación.

Os resultados do Dépor foron os seguintes:

Primeira Fase
DEPORTIVO 4 (Óscar -2- e Guerreiro -2-) - CD OBREIRO 0
DEPORTIVO 1 (Óscar) - VISANTOÑA CF 2
DEPORTIVO 5 (Héctor -2-, Memet, Óscar e Álvaro Pedre) - QUEIXAS CD 0

Cuartos de final
DEPORTIVO 3 - SAN TIRSO SD B 1

Semifinal
DEPORTIVO 0 - IMPERATOR OAR 1

Terceiro e cuarto posto
DEPORTIVO 1 (Óscar) - CD CALASANZ 0

Alevín A e Benxamín A participan no Torneo Solidario Fundación Aladina

Dous equipos do RC Deportivo, Alevín A e Benxamín A, participan este domingo 19 de maio no Torneo de Fútbol Base Fundación Aladina Trofeo Conservas Jealsa, que se xoga no campo de Vilas (Rianxo).

O Alevín A quedou encadrado na Primeira Fase no grupo A, coa SD Ponferradina, CCD Taragoña e CD Unión.

O calendario de partidos do equipo deportivista, todos eles no campo Ferdoba, é o seguinte:

Primeira Fase
10:25: ALEVÍN A - CD UNIÓN
12:20: ALEVÍN A - SD PONFERRADINA
13:52: ALEVÍN A - CCD TARAGOÑA

Os dous primeiros de grupo pasan a oitavos de final, que arrincan ás 16:10.

Pola súa banda, o Benxamín A terá como primeiros rivais ao ED Val Miñor, ED Xuventude de Oroso e Ural CF.

O calendario de partidos do Benxamín A, todos eles no campo Pavimentos Noia, é o seguinte:

Primeira Fase
10:25: BENXAMÍN A - ED VAL MIÑOR
11:57: BENXAMÍN A - URAL CF
13:29: BENXAMÍN A - ED XUVENTUDE DE OROSO

O campión de grupo e os dous mellores segundos dos 6 grupos acceden a cuartos de final, que comezan ás 17:42 horas.