RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Outes, despois de acoller a Escola RC Deportivo, súmase aos DéporCampus Cabreiroá

O salón de actos da Casa da Cultura de Serra de Outes acolleu onte luns ás 20:30 horas a presentación do primeiro DéporCampus Cabreiroá que se realizará na devandita localidade.

O acto, ademais da asistencia de numerosos familiares, nenos e nenas do Outes FC, contou coa presenza de Manuel González López, alcalde de Outes; Daniel Rodríguez, concelleiro de deportes de Outes; Javier Cao, presidente do Outes FC; Carlos Romero, coordinador do fútbol base do Outes FC, e Pablo Barros director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo.

A actividade levaráse a cabo entre os días 27 de xuño e 1 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00. O campo de fútbol municipal do Conchido será o escenario dun campus destinado a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos.

O concello de Outes sumouse este curso ás actividades da Fundación RC Deportivo, posto que foi sede da Escola RC Deportivo por primeira vez, superando a trintena de inscritos.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Outes e realizar o proceso de inscrición até as 12:00 do xoves día 23 de xuño nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coas súas inscricións, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.