RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Oxalá o día de hoxe sexa un paso importante na historia próxima do Club", desexa Rubén de la Barrera

Rubén de la Barrera manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que ao longo do partido desta tarde ante a UP Langreo "fomos crecendo e crecendo; e puidemos gozar dunha segunda parte moi boa. O que creo é que o Dépor necesita a #ANOSAFORZA e #ANOSAFORZA necesita ao Dépor. E iso lévome do día de hoxe".

Coa clasificación atada para a Primeira RFEF, o técnico coruñés confesa estar "contento polo grupo de xogadores porque foi unha temporada na que vivimos moitas cousas. Na primeira fase estás a un punto do primeiro e non accedes a unha dese tres primeiras prazas. E unha segunda fase que se presentaba con certa vantaxe pero houbo dous equipos, como Racing e CD Numancia, que sumaron moito; e outros dous, Marino e UP Langreo, que non o puxeron fácil. Felicito aos xogadores. Logramos un obxectivo que nun primeiro momento non se consideraba pero ao final a realidade conduciunos a el. Oxalá o día de hoxe, pola forma desta clasificación, sexa un paso importante na historia próxima do Club".

Preguntado polo seu futuro, sostén como na rolda de prensa previa que está "nun Club que independentemente da categoría é moi, moi grande; cunha masa detrás importantísima, moi limitada pola pandemia; e a pesar de moitas vicisitudes sempre estivo aí. E todo iso séntelo. Un sente moi adestrador en momentos así, en clubs así. Empeza agora o momento para falar e ver".

De feito, coa presenza de 5.000 afeccionados nas bancadas de ABANCA-RIAZOR, afirma que "sentes que estás na túa casa con 500 persoas; algo se nota. O paso de 500 a 1.000 tamén e hoxe foi o colofón coñecendo a situación actual. Pero o feito de abrir todas as portas e ver xente por todos os lados que veu a demostrar a paixón que sente por este Club, empuxounos moito".

Pola súa banda, Ángel Rodríguez, adestrador da UP Langreo, subliñou que "na primeira parte o equipo estivo moi ben no inicio. Concedemos o primeiro gol nun erro garrafal de falta de concentración por non seguir a xogada. E no segundo minuto da segunda parte encaixamos outro gol, creo que evitable, por facer unha falta innecesaria e pola forma en que se conseguiu. A partir de aí desaparecemos do partido e non houbo nada máis".