RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Pablo Álvarez e Barragán únense á lista de convocados

Pablo Álvarez e Antonio Barragán únense á lista de convocados de Miguel Ángel Lotina para viaxar esta tarde a Vilagarcía e medirse na Lomba ao Arousa (20.30 horas) co Trofeo Festas de San Roque en xogo.

Onte, o técnico deportivista fixo pública unha lista con estes futbolistas que xa non se adestraron esta mañá: Manu, Rodri, Pablo Amo, Filipe, Antonio Tomás, Momo, Jairo, Rubén, Bodipo, Aythami, Fabricio, Chapi, Alex, Pita, Iván Carril e Adrián López (central do Deportivo B).