RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Pablo Álvarez: Temos fútbol e hai que sacalo

Pablo Álvarez compareció en rolda de prensa esta mañana no Mundo do Fútbol, ao finalizar a sesión de recuperación do primeiro equipo na Cidade Deportiva branquiazul. O centrocampista foi titular o pasado sá

-¿Que resaca déixavos o partido de onte ante o Xerez?
-Pois que logramos tres puntos importantes, vitais. E agora xa a pensar no seguinte.

-Encarrilouse pronto o partido cunha vantaxe importante pero logo houbo sufrimento.

-Estivemos serios ao principio. Logramos dous goles e quixemos marcar máis. Desaproveitamos varias oportunidades e logo eles circularon ben a pelota, fixéronnos correr e sempre quédache a dúbida de que en calquera xogada puidésenche empatar.

-Houbo parece que medo co gol do Xerez no minuto 38.

-Non nos botamos cara atrás. Pero un 2-0 sempre é un resultado perigoso. E eles moveron ben a pelota e obrigáronnos a correr. Eu en todo momento vin controlado o partido.

-Di Lotina en rolda de prensa que se non fai xogar ben a este equipo é para pegarse un tiro.
-Eu non valoro o que pensan os demais. Si é certo que temos que xogar mellor. A nosa situación a nivel de resultados e de clasificación é moi boa. Temos fútbol e hai que sacalo.

-Nalgunhas fases do partido víuseche nervioso, mesmo con algún rozamento con rivais.

-Eu creo que en liñas xerais fixen un bo traballo. Si que tiven algunha imprecisión en zonas perigosas que nos puido custar algún susto. En canto a píquelos con rivais, son cousas do fútbol que quedan aí.

-Quintos na táboa, ¿é quizais esaxerado dicir que saltan as alarmas?

-Claro. Agora debemos ter tranquilidade. Os nosos resultados son óptimos. Seguro que imos ir a máis e a xogar mellor.

-Xa pasaron os grandes por Riazor (Real Madrid, Barça, Valencia, Atlético de Madrid), ¿é propicio o feito de gañar os puntos de casa para estar aí arriba?

-Creo que todos os equipos dependen moito dos partidos no seu propio campo. A nós seguro que é o que nos vai a dar unha praza europea.

-Se se gaña en Vilarreal eliminouse ademais a un rival directo.
-Se gañamos e deixámolos a nove puntos si que xa será unha renda importante.

-¿Que opinas do refacho de lesións, como a de Riki, Gardado...?
-Non estamos a ter nada de sorte. Pero afortunadamente o equipo está a responder ben. Temos plena confianza nos Servizos Médicos e esperamos que pase todo ésto.