RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pablo García, con minutos tamén ante México coa selección española sub-15

- Foto: @SEFutbol -

Pablo García Taboada (A Coruña, 23 de xaneiro de 2008), lateral do Cadete de División de Honra, participou coa selección española sub-15 no torneo Football Federations Cup, que se xogou até hoxe venres 9 de decembro.

O segundo partido para o canteirán branquiazul neste trofeo foi precisamente esta mañá fronte a México na Nucía. Pablo García arrincou no banco e relevou no minuto 41 a Adrián Martínez. O encontro finalizou con vitoria mexicana pola mínima: 0-1.

O pasado mércores, Arabia Saudita en Benidorm foi o primeiro rival dos españois e de Pablo García, que debutou e sumouse así á lista de internacionais de #ANOSACANTEIRA.

O futbolista coruñés disputou os 90 minutos aínda que o sabor foi agridoce, posto que a selección española caeu (0-1) cun gol saudita no minuto 88.

Os resultados de España neste torneo foron os seguintes:

Mércores 7 de decembro
ESPAÑA 0 - ARABIA SAUDITA 1

Venres 9 de decembro
ESPAÑA 0 - MÉXICO 1

Pablo García pertence ao cadro do Cadete que lidera a División de Honra con 5 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, o RC Celta.

A consecuencia deste torneo, o defensor branquiazul foi baixa no partido ligueiro do seu equipo do mércores en Abegondo ante o Pontevedra CF.

#ANOSACANTEIRA volve estar no punto de mira das categorías inferiores da selección española porque recentemente o dianteiro do Xuvenil A Kevin Sánchez participou coa sub-18 en dous partidos amigables ante Suíza na Cidade do Fútbol de Las Rozas e o atacante do Cadete, José Rey, gañou coa sub-16 o torneo Football Federations Cup.