RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pablo Marí regresa á convocatoria para visitar mañá sábado á UD Las Palmas

O central Pablo Marí, que estivo sancionado ante o CF Reus, é a principal novidade na lista de 18 convocados do Deportivo para o partido de mañá sábado 3 de novembro (20:30 hora peninsular, LaLiga 1|2|3 TV) no Estadio Gran Canaria ante a UD Las Palmas, en choque correspondente á 12ª xornada en LaLiga 1|2|3.

Caen da citación de maneira obrigatoria por sanción Borja Valle; e por lesión Krohn-Dehli e Dubarbier.

Tamén queda na Coruña Fede Cartabia, que ao finalizar o adestramento recibiu a alta médica a cargo dos Servizos Médicos do Deportivo.

Na sesión, co meta canteirán Ricardo, os futbolistas realizaron un quecemento, un circuíto con finalizacións, un partido ao ancho do campo 2 e, para concluír, ensaio de accións de estratexia, especialmente saques de esquina a favor.

Os 18 convocados, trala comida nas instalacións da Cidade Deportiva, viaxan este mediodía ás Illas Canarias, segundo esta folla de ruta:

Venres 2 de novembro
13:40: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Madrid-Barajas
16:25: Saída do voo do Aeroporto de Madrid-Barajas con destino As Palmas
18:15 (hora insular): Chegada aproximada e aloxamento no Hotel NH Imperial Praia

Sábado 3 de novembro
20:30 (hora peninsular): UD Las Palmas - Deportivo, no Estadio Gran Canaria

Domingo 4 de novembro
9:10 (hora insular): Saída do voo do Aeroporto das Palmas con destino ao Aeroporto da Coruña
13:00: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña
14:00: Hora aproximada do adestramento en Abegondo